Nomes e Voces libera o seu software o os seus contidos

martes, 27 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A nova web do proxecto foi desenvolvida por A Navalla SuízaO proxecto de investigación Nomes e Voces, no que participan as tres universidades galegas decidiu liberar tanto o código fonte da súa plataforma como a súa base de datos baixo licenza Creative Commons (con atribución e ausencia de beneficio). Isto quere dicir que tanto os textos como as imaxes da páxina web presentada a finais do paso xullo poden ser empregado por calquera sempre que citen a súa procedencia e non obteñan beneficio económico de tal operación.
No tocante ao código fonte de plataforma, estamos ante unha obra da empresa A Navalla Suíza desenvolvida baixo os frameworks phpCan e cSans, ambos con licenza GNU GPLv3.

PUBLICIDADE