O CPEIG e a FIC celebran un encontro para conmemorar o Día da Protección de Datos
mércores, 27 de xaneiro do 2016
Mañá,
xoves 28 de xaneiro, será o Día
da Protección
de Datos en Europa, con este motivo o Colexio
Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
e a Facultade
de Informática da Coruña (FIC)
organizarán un encontro. O obxectivo é o de que a cidadanía coñeza
os dereitos e obrigas na materia, polo que a asistencia estará
aberta ao público en xeral. Na
xuntanza de mañá, que dará comezo ás 11:30, aproveitarase para
dar consellos sobre a protección de datos seguindo un programa, que
se desenvolverá na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de
Informática da Coruña.
Emporiso, o CPEIG
incide na importancia de que a sociedade galega tome conciencia da
necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos.
Atendendo a isto, elaborou unha listaxe de recomendacións que fixo
pública para contribuír a unha Sociedade da Información na que a
cidadanía sexa consciente tanto de todas as oportunidades coma dos
riscos que achega a Internet.
Algunhas
das recomendacións son as
que citamos de seguido.
Sobre os antivirus,
cómpre actualizalos de xeito periódico e configurar o software do
navegador coas opcións de seguridade máis restritivas. En canto aos
programas/ficheiros executábeis, mellor non descargalos, son máis
susceptíbeis de conter software
malicioso. No
caso dos contrasinais, manter
contrasinais longos e difíciles de adiviñar, distintos para cada
web ou servizo. Sobre o Wi-Fi,
particular atención ás redes sen fíos abertas: a información vai
sen protección. Respecto
do correo lixo, no
caso de recibir correos non desexados (spam),
non se debe enviar resposta, xa que se confirma a validez do enderezo
electrónico. As redes sociais débese garantir a seguridade da nosa
información nas redes sociais mediante unha configuración axeitada
do noso perfil e empregando contrasinais). Sobre a nenez,
sinalan o CPEIG e a FIC, “debemos
educar aos máis pequenos nun uso seguro das redes e acompañalos na
súa navegación”. E
engaden: “Cómpre
adoptar medidas de seguridade física e informáticas para os máis
cativos, como a situación do computador na casa ou unhas horas
determinadas de uso”.
PROGRAMA
·
11:30 h- Protección
de datos. Recomendacións do CPEIG.
José M. Vázquez Naya. Profesor da UDC. Vogal do CPEIG.
·
12:15 h- A
privacidade en 2016: Google, Facebook e Dropbox ilegais en Europa?
Víctor
Salgado. Socio-Manager en Pintos & Salgado Abogados.
·
13.00 h- Debate.