O Galeoke estrea o seu segundo volume
luns, 5 de decembro do 2011
- Cativos gozando do Galeoke no Culturgal 2011
O
ano pasado por estas datas chegaba ao mercado o Galeoke, un produto baseado na aplicación de software libre
UltraStar Deluxe, que é un xogo de karaoke para o ordenador inspirado no
popular SingStar de PlayStation que
permite personalizar o seu catálogo musical, de xeito que empaquetouse con 16
cancións en galego de grupos e solistas como Uxía, Os Resentidos, Fuxan os
Ventos, Diplomáticos de Montealto ou Treixadura, e continuando con esta
iniciativa presentaron nos pasados días no Culturgal o seu segundo volume que, mantendo
o mesmo espírito, renova o seu repertorio con 21 cancións como Quero josar de Heredeiros da Crus, Superheroe de Blood Filloas, O ghai ghai de Chouteira, a Danza das Cortellas de Leilía ou Calamar de The Homens.
O Galeoke Volume 2 captou moitas
miradas no Culturgal, onde xente de todas as idades achegáronse a probar este
karaoke enxebre, que pon en valor a música galega e facilita convertela en
centro das festas infantís e dos encontros familiares no fogar, sendo preciso
só dun ordenador cun micrófono para poder gozar deste divertido produto
compatible con Ubuntu/GNU LInux, Windows XP/Vista/7 e Mac OS X.
Nos vindeiros días poderemos atopar o Galeoke
Volume 2 nas tendas galegas, e esta nova entrega do primeiro karaoke en
galego celebrará tamén unha festa de presentación o vídeo 15 de decembro na
compostelá Casa das Crechas.
A listaxe completa de temas dispoñibles na nova entrega do Galeoke é a que segue:
· Radio Océano - “Como o vento”
· Os Papaqueixos - “O paraugas do José”
· Pilocha - "O sancristán de
Coimbra"
· Quempallou - “En que terra me botaches”
· Heredeiros da Crus - “Quero josar”
· Faltriqueira - “Corpiño xeitoso” (Andrés do
Barro)
· Blood Filloas - “Superheroe”
· María Manuela - “Manual do Señorito”
· Nova Galega de Danza - “Xota de Ribeira de
Piquín”
· Chouteira - “O ghai ghai”
· Sés - “Admirando a condición”
· Pepe Vaamonde Grupo - “Ares de Montillón”
· Emilio Rúa - “Todo está por vir”
· Vaamonde, Lamas & Romero - “Foliada de
San Pedro de Visma”
· Leilía - “Danza das Cortellas”
· Susana Seivane - “Muiñeira de Alén”
· Os Carunchos - “Galicia”
· Davide Salvado - "Todo o corpo"
· Fía na Roca - "Fía na roca"
· Saraibas - "Ai, galeguiños!"
· The Homens - "Calamar"
- O novo volume do Galeoke amplía o seu repertorio musical