O INEGA estrea un simulador para concienciar sobre o consumo de auga no fogar
luns, 15 de outubro do 2012
A páxina web
do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vén de incorporar un novo simulador
aos tres que xa ofrecÃa para que a cidadanÃa poida mellorar os seus consumos e
gastos reducindo custos no fogar. Neste caso, a nova aplicación permite
diminuÃr os consumos de auga a través de comparativas entre os distintos
mecanismos que ofrece o mercado hoxe en dÃa, e o reaproveitamento das augas
grises (aquelas que resultan do lavado de utensilios, roupa e máis do aseo das
persoas).
Neste
sentido, cómpre salientar que o aforro de auga, aÃnda que non sexa quente,
supón tamén un aforro enerxético xa que esta é captada, tratada e impulsada nas
vivendas mediante equipamentos eléctricos como as motobombas, que consomen
enerxÃa. AsÃ, cada vez que se abre unha billa no fogar, a auga recibida ten que
obterse, potabilizarse, transportarse e, finalmente, depurarse para pechar o
ciclo volvendo ao rÃo. Todos estes pasos levan un consumo enerxético e
económico: cada m³ de auga tratada consome en todo o proceso uns 0,56 kWh, o
que supón un gasto duns 0,09 euros/ m³.
Sobre esta
base, o consumo final varÃa en función dos mecanismos empregados. AsÃ, e como
demostra a nova aplicación, unha vivenda tipo de catro persoas cun baño que
utiliza mecanismos convencionais (unha billa, unha cisterna dun botón e unha
ducha estándar) terÃa un consumo anual de auga superior aos 336.000 litros ao
ano, cun custo de 1.909,9 euros por exercicio.
Como
contrapartida, esa mesma vivenda, cun baño con mecanismos eficientes (unha
billa con perlizador, unha cisterna de dobre botón e unha ducha termostática),
incorporando, ademais, un sistema de recollida de augas grises, aforrarÃa ao
ano 108.404 litros de auga, cifra que se traduce nun aforro económico anual
para o fogar duns 450 euros: un 24% con respecto ao uso de mecanismos
convencionais.
Esta nova
aplicación conta tamén cun módulo para a xestión de augas pluviais, que amosa
as posibilidades de recollida e almacenamentos destas augas nunha vivenda tipo,
valorando as diferentes opcións para diminuÃr os consumos.
