O Word para Mac OS X terá corrector de galego

luns, 29 de agosto do 2011 Redacción

Ata o momento a suite ofimática de Microsoft para Mac OS X carecía de corrector de galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, aparte do novo dicionario en liña de pronuncia do galego, tamén está a promover e a apoiar outros recursos tecnolóxicos que contribúen á calidade da lingua e ao seu prestixio social, e que lle ofrecen á cidadanía novas oportunidades para sentirse máis segura traballando e comunicándose en galego. É o caso da nova versión do corrector lingüístico Galgo, da empresa Imaxín Software, que estará dispoñible proximamente. Esta nova versión implementarase nas aplicacións ofimáticas Office 2003, 2007, 2010 e, por primeira vez no contorno de Apple, tamén no Word para Mac.

PUBLICIDADE