PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O departamento de deseño de El Progreso fuchica nun blog de seu

martes 9 de decembro do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

JPEG - 119.1 KB

Os interesados no mundo da maquetación de prensa estarán encantados de saber que o departamento de deseño de El Progreso decidiu nun «modesto afán exhibicionista» abrir un blog baixo o título de Fuchicadores, co que pretenden dar a coñecer a súa labor profesional no que teñen que utilizar o seu enxeño ante a falta de recursos, polo que fan da imaxinación unha ferramenta máis co que entregar un resultado máis que digno, do que poñen exemplos como as páxinas dobres de apertura para a fin de semana nas que carecen de grandes fotografías para ilustralas, polo que o deseño se converte na súa única arma.
Estes traballadores incluso remataron o ano recibindo a medalla de prata ao mellor redeseño do ano dos premios ÑH5 que se entregaron en Zaragoza, polo que seguir os seus pasos da súa man é toda unha honra que nos permite a proximidade dos blogs.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS