O ex-director de ElMundo.es anuncia un novo proxecto de xornalismo cidadán
xoves, 25 de outubro do 2007
- Gumersindo Lafuente presentando Soitu.es en Colombia
Gumersindo Lafuente, quen fora director de
ElMundo.es durante a etapa de maior crecemento da cabeceira dixital, prepara o
lanzamento dun novo proxecto de xornalismo cidadán que presentou
o paso mércores en Cartaxena de Indias (Colombia) co gallo dunha
conferencia organizada por Google e a Fundación Nuevo Periodismo.
O novo proxecto construirase ó redor do portal Soitu.es
que se estreará antes de rematar o presente ano, e que pretende xuntar a
internautas con vocación xornalística, contando xa cunhas 20 persoas involucradas,
e levándose a cabo nestas datas o proceso de contratación de periodísticas.
Lafuente asegurou que dende Soitu.es buscan «ser libres, provocadores, imaxinativos, útiles, cercanos» e
mesturarse cos seus usuarios.