SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O galego, máis e mellor con software libre

martes 28 de abril do 2009, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

Segundo vén de informar Vieiros nun artigo sobre a presenza da nosa lingua nas diferentes tendencias do software a nivel mundial, a Sociedade da Información semella máis respectuosa coas culturas canto máis flexibles son as súas proteccións e menor é a arela férrea de lucro no eido da programación informática. O caso, que non deixa de ser un paradoxo (posto que ás empresas de software propietario tamén lles conviría atopar mercado apostando pola maior marxe de linguas e culturas, algo que, podémolo dicir, sempre dá unha boa imaxe perante a opinión pública), déixanos unha nova vantaxe que engadir á xa de por si longa lista de beneficios para a sociedade que achega o software libre: a vantaxe de protexer mellor a nosa lingua. Segundo se advirte no dito artigo, o tratamento que se lle dá ao galego nalgunhas propostas de programas pechados non é que sexa malo, é que é estrepitoso. É caso do lector de PDF máis espallado, o Adobe Reader, que na súa máis recente versión, a 9.1, inclúe localizacións ao catalán ou ao éuscaro, pero non ao galego.
A alternativa que achegan os responsables do xornal en liña para este caso non é outra que os lectores de PDF libres, que si están traducidos á nosa lingua. A maiores, tamén se sinala o caso do xigante Microsoft, que para o seu navegador Windows Explorer 8, tan demandado por unha parte importante da comunidade de usuarios da Rede, incorporou opcións en catalán (o éuscaro virá en breve) pero non en galego, do mesmo xeito que acontece no seu paquete ofimático Microsoft Office, a diferenza do que ocorre co paquete libre OpenOffice.org, traducido á nosa lingua polo Centro Mancomún.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS