O grupo municipal coruñés do BNG estrea web
venres, 3 de xullo do 2009
O grupo municipal do Bloque
Nacionalista Galego da cidade de A Coruña puxo en marcha unha páxina web de seu, na que dan conta
dos traballos e proxectos que desenvolven dentro do goberno municipal, que pretende
dar unha visión diferenciada á que se publica na web oficial do concello herculino, centrándose
nas concellarÃas do BNG.
O novo espazo inclúe un calendario
coas actividades programadas por cada concellarÃa, as principais
novas e anuncios realizados diariamente e mesmo unha sección para contactar co
grupo municipal do BNG para realizar propostas e comentarios sobre a
cidade e o Concello.
