O presidente da ICANN asegura que haberá novos dominios para 2009 (¿máis preto o .gal?)
martes 24 de xuño do 2008, por | |
| Compartir |

- Paul Twomey durante a cerimonia inaugural do encontro da ICANN en París
Entre o 22 e o 26
deste mes ten lugar en París un encontro
internacional da ICANN no que
se discute o futuro dos dominios de Internet, que parece moi prometedor a tenor
das declaracións do presidente da organización, Paul Twomey, que
nunha entrevista
a Les Echos asegurou que «aparte
de .com, .net ou .org, a partir do primeiro trimestre de 2009, os 1,3 millóns
de internautas poderán adquirir enderezos de Internet baseados en palabras
comúns coma .amor, .odio ou .cidade ou nomes propios».
Cómpre destacar que estas declaración son bastante esaxeradas, xa que ICANN non
pensa abrir totalmente os dominios de
Internet de primeiro nivel, senón que flexibilizarán as condicións para
conceder estes dominios a entidades que se encargarían da súa xestión.
Actualmente hai 20
gTLD (dominios de primeiro nivel xenéricos) en funcionamento, como .cat, .tel, .aero, .museum, .mobi ou .info, e os que se creen no futuro
deberán acatar unha serie de normas que aínda están por determinar, pero que
nun principio podería ser unha boa nova para a pronta consecución dun dominio .gal para a lingua e cultura galegas,
pois dende ICANN parecen decididos a incrementar o número de dominios xenéricos
de primeiro nivel.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














