Preparan unha serie interactiva galega para televisión, teléfono e Internet
venres 3 de xullo do 2009, por | |
| Compartir |
Olalla Sánchez dá a coñecer
no seu blog que as irmás Sonia e Miriam Albert Sobrino, gañadoras do primeiro
premio de animación da pasada edición do Festival Curtas na Rede pola súa peza Caligarismo,
están a traballar en Ignoto, unha
serie para Internet, televisión e teléfono que podería estrearse en decembro e
que naceu inicialmente coma proxecto de fin de carreira de Comunicación
Audiovisual (UDC) pero que agora busca
converterse nunha das primeiras producións interactivas e profesionais rodadas
en Galicia.
O proxecto busca que o espectador poida elixir o camiño que tomará a
protagonista, a moza Susana Sampedro, episodio tras episodio, facendo ao
público cómplice da historia, que tamén contará cunha versión tradicional.
Polo momento Ignoto conta xa cun
episodio piloto gravado en A Coruña, Culleredo, Arteixo e A Estrada, para o que
contaron coa colaboración de actores coma Xavier Estévez, Iván Marcos, Mariana
Carballal e Roberto Tonecho Gómez.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














