PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

R ofrécelles aos seus clientes rede de balde no móbil até finais de setembro

xoves 2 de xullo do 2009, por Fernando Sarasqueta | | Compartir en Tuenti | Compartir |

O operador galego R vén de anunciar unha interesante oferta para todos os seus clientes de móbil: a posibilidade de gozar de balde durante todo o verán do servizo de navegación de Internet a través do seu aparello. Amais do feito de ser gratuíto durante estes meses, unha das grandes vantaxes do servizo, informa R, reside no feito de que non sexa preciso consultar as contas do noso correo electrónico perante un computador: con só solicitalo no propio móbil, xa teremos na pantalla achega de correo. Amais, engade a operadora, cómpre engadir que se poñen a disposición dos clientes 50 megas de conexión á Rede a través do terminal, “e co engadido de que unha vez que se acadan os ditos 50 megas”, informa, “non se pagará o tráfico consumido por riba desa mesma capacidade, senón que, simplemente, a velocidade de navegación reducirase até os 64 Kpbs”.
Para quen estea interesado en darlle uso a este servizo, dicirlle que será de balde durante todo o verán para os clientes de móbilR, sen que medie compromiso de permanencia e, polo tanto, achegándose liberdade para a proba. “Finalizado este período de promoción, o 20 de setembro, o servizo custará 6 euros ao mes”, engade a operadora. Sexa como sexa, o custe do programa amplíase até os 12 euros ao mes se o que queremos non é unicamente consultar o correo e navegar de xeito esporádico, senón facer un emprego máis amplo da Rede pola vía do móbil. Neste caso concreto, a tarifa inclúe 250 megas. Por 19 euros, a capacidade de navegación sube a 1 xigabyte.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS