Samsung pon á venda un televisor 3D de plasma por menos de 1.000 dólares
venres, 3 de setembro do 2010
A tecnoloxÃa 3D
está a xogar forte nos televisores, pero a falta de contidos e o prezo están a
ser importantes atrancos para a súa implantación, aÃnda que ambos factores
están a corrixirse paulatinamente, e coma exemplo da normalización dos prezos
deste tipo de produtos podemos destacar que o
televisor de plasma PN50C490 de Samsung está xa dispoñible nos EE.UU. por menos
de 1.000 dólares, polo que entrarÃa nun rango de prezo que moitos
consumidores estarÃan dispostos a asumir para gozar da nova experiencia
audiovisual que serve tanto para pelÃculas como para retransmisións deportivas
e videoxogos.
O televisor en cuestión non é un tope
gama, senón que operarÃa a unha resolución de 720p, e carecerÃa de
conectividade coa Internet, pero grazas a que emprega tecnoloxÃa de plasma
achega un excelente contraste nas súas imaxes, polo que satisfará a moitos
consumidores. É de agardar que en poucas semanas chegue a Europa por un prezo
que poderÃa baixar dos 1.000 euros.
