Skype estrea versións para Windows e iPhone
xoves 2 de xullo do 2009, por | |
| Compartir |
Tras o lanzamento do
Skype 3.0 para Windows Mobile chegan agora tamén as versións da aplicación
de mensaxería instantánea e VoIP para o iPhone e para Windows. A aplicación
de escritorio do Skype chega así á súa versión 4.1, e aparte de certas
depuracións deste programa para Windows, incorpora melloras de calidade na
transmisión de audio e vídeo, recordatorios de aniversarios e compartición de
pantalla (característica idea para amosar novas creacións ou a realización de
presentacións remotas).
O Skype
1.1 para o iPhone e iPod Touch engadiu o soporte de idiomas adicionais (entre
os que está o español e o portugués nas súas variedades portuguesa e
brasileira), acceso á caixa de voz de Skype, o envío de SMS a nivel
internacional (con prezos de 13,3 céntimos/mensaxe en España, 10,3
céntimos/mensaxe a EE.UU. ou 9 céntimos/mensaxe en Venezuela, Uruguai,
Paraguai, Panamá, Honduras e Marrocos). Para a súa instalación é preciso contar
co iPhone OS 2.2 ou superior.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














