Tecnívoros: Blog e podcast sobre tecnoloxía feito en Lalín

mércores, 19 de novembro do 2008 Marcus Fernández

A través da canle fwwwrando coñecemos que unha sección semanal do programa Entre Nós de Radio Lalín na que se fala sobre tecnoloxía ten a súa cara dixital en forma de blogue, no que se fala «sobre informática e tecnoloxía para a xente de a pé» baixo o nome de Tecnívoros, e no que tamén se recollen as súas intervencións radiofónicas a xeito de podcast, que tanto se pode escoitar dende a web como mediante subscrición en aplicacións coma iTunes.
Os Tecnívoros saltan así do Deza a toda Galicia a través da Rede, compartindo os seus coñecementos sobre a Internet, a fotografía dixital, os videoxogos, o software en galego, os eventos tecnolóxicos e moitas outras cousas que se fan así máis próximas para os usuarios básicos.