Tres firmas galegas amosarán innovación de seu no Web Summit 2016
mércores, 5 de outubro do 2016
Hai presenza galega no
grupo de empresas seleccionadas para participar no Web
Summit 2016, a nova edición gran xuntanza internacional entre
compradores e vendedores de tecnoloxÃa (unha cita inmellorábel para
coñecermos as start-ups máis innovadoras do mundo). Máis
polo miúdo, a embaixada galega está constituÃda por Kiply(start-up dedicada á creación de software de
produtividade
persoal para profesionais e empresas),
Twibex35 (unha aplicación que transforma conversas nas redes sociais en
sinais de trading en bolsa) e Xesol
Innovation (unha empresa de I+D+i centrada no sector
do motor). Estas tres novas firmas terán no Web Summit unha
importante oportunidade para exhibir os seus produtos e servizos
xunto ás compañÃas lÃderes da industria tecnolóxica mundial. A
cita será en Lisboa entre o 7 e o 10 de novembro. O Web Summit é
para moitos expertos en innovación o evento tecnolóxico máis
grande e referencial de Europa.
De feito, para que nos
fagamos unha idea da súa envergadura e repercusión, este ano a
previsión é que conte con máis 50.000
asistentes procedentes de
150 paÃses, todos eles coincidindo arredor dunha temática (a gran
revolución 4.0 da industria tecnolóxica) e coa arela común de
partillar coñecemento arredor dela. As empresas emerxentes que
concorran no encontro, amais de amosar os seus enxeños, terán
ocasión de atraer investidores e entrar en contacto cos profesionais
e empresas máis referenciais e innovadoras do mercado. Empresas como
Google, Facebook, Dropbox ou Amazon, que compartirán espazo con boa
parte das novas firmas de meirande potencial de proxección, algunhas
xa consolidadas (como Spotify, Uber ou Stripe) e outras en camiño de
afianzárense.