Tuenti estrea en probas un servizo de vídeo baixo demanda

venres, 18 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Cumprindo co anunciado por Sebastián Muriel durante a pasada edición do EBE, Tuenti estreou esta semana en Beta o seu servizo de aluguer de vídeo baixo demanda para abrir ao público o acceso a un catálogo de películas como as da saga Crepúsculo por un prezo que parte de 1,99 euros (aínda que tamén haberá títulos de balde). Esta fase de probas parte dunha mostra de 5.000 usuarios de Tuenti, de xeito que esta plataforma social convértese na primeira en ofrecer un servizo semellante en España.
O servizo permite visualizar cada película de xeito ilimitado durante 24/48 euros (dependendo do título) facendo simultaneamente uso de compoñentes sociais, de xeito que mentres vemos unha película podemos chatear ou facer comentarios sobre a mesa no noso taboleiro.
Esta versión de probas espera espallarse paulatinamente a todos os usuarios de Tuenti, agardándose tamén unha ampliación progresiva do seu catálogo de títulos dispoñibles.