Twitter para iPhone incorpora localización en español

xoves, 5 de agosto do 2010 Marcus Fernández

A nova aplicación facilita o uso de Twitter dende o iPhoneTras facerse Twitter coa compañía Atebits, a aplicación para iPhone/iPod Touch de pagamento Tweetie 2 pasou a ser de balde e mudou o seu nome a, simplemente, Twitter, e continúa a estar moi viva, mantendo así o seu posto como a mellor ferramenta deste tipo para os terminais de Apple que na súa nova versión 3.0.2 corrixe erros de pantalla para o iPhone 4, arranxa erros nos Top tweets da liña de tempo do usuario e, principalmente, engade a localización a alemán, francés e español, o que agradecerán moitos usuarios que non falen inglés e queiran utilizar con comodidade esta aplicación.