Unha aplicación permite a liberación do iPhone 4

mércores, 4 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Unha páxina web permite facer jailbreak aos terminais da Apple aproveitando un fallo de seguridade do lector de PDF dos mesmos pon ao alcance de calquera a instalación de aplicacións non oficiais incluso no iPhone 4, entre as que destaca a nova versión de ultrasn0w, ferramenta que instálase a través de Cydia e permite liberar o iPhone 4 con baseband 01.59 e os iPhone 3G/3GS con basebands 04.26.08, 05.11.07, 05.12.01 e 05.13.04, de xeito que os usuarios de móbiles deste tipo poderán librarse da súa vinculación cunha operadora móbil en concreto (aínda que non do seu contrato de permanencia) o que agradecerán especialmente os que sexan clientes de varias operadoras ou os que viaxen ao estranxeiro.
A liberación dos móbiles de Apple é algo moi perseguido por moitos usuarios que conseguen facerse con terminais a través de contratos de empresa, mediante a importación ou por canles tradicionais, pero que non desexan permanecer encadeados a unha única compañía telefónica, e cómpre lembrar que é unha operación totalmente legal, aínda que ao ter que facer jailbreak para o proceso, pérdese a garantía do dispositivo durante a súa liberación, de xeito que non é recomendable que a realicen os usuarios que non precisen dun móbil libre.