Unha xornada para emprendedores ilustrará sobre márketing en liña e legalidade
mércores, 30 de marzo do 2016
O vindeiro 6 de abril de 17:00 a 19:00 horas desenvolverase
na Cidade da Cultura unha xornada
sobre márketing en liña e legalidade
no emprendemento baixo o tÃtulo de Acelérate,
organizada por Visanvis e APDTIC, e para a que é preciso inscribirse
previamente en liña.
A xornada comezará cunha charla sobre o poder das imaxes e a comunicación
visual impartida polo fotógrafo e deseñador visual Xaime Cortizo, a quen
seguirán a economista Diana Pardo e a xornalista MarÃa Marqués quen
contrastarán a marca persoal co tradicional currÃculo.
Pola súa banda, o director xeral de APDTIC, André Castelo Pichel, dará un
relatorio sobre emprendemento e tecnoloxÃa, centrándose nos problemas xurÃdicos
que se atoparán como os riscos relativos á protección de datos persoais en
páxinas web, os riscos de perda da imaxe corporativa e a protección do deseño e
desenvolvemento das ideas propias.
Pechará este encontro unha mesa redonda que incluirá un obradoiro de fotografÃa
da man de Visanvis e un encontro de emprendedores con responsables de APDTIC.
