Vandal.net convértese na canle de videoxogos de 20minutos.es
luns, 8 de febreiro do 2010
Esta mañá a
edición electrónica do diario 20 Minutos adoptou coma canle de videoxogos á web
galega Vandal.net, que intégrase así á rede da cabeceira de prensa
gratuíta. Con esta medida, a web de Vandal Online ten ligazóns dende todas as
páxinas de 20minutos.es e un recadro na portada da web, polo que os 9,9 millóns
de usuarios mensuais deste medio terán máis doado achegarse aos contidos do
medio de videoxogos de orixe galega, que antes deste acordo xa rexistraba
2,5 millóns de usuarios únicos ao mes.
Esta alianza debería axudar ao crecemento de Vandal Online, que ampliaría a súa
audiencia potencial mantendo a súa independencia editorial que nos últimos anos situou a este proxecto na cabeza da información sobre videoxogos en España.
