Dende WhatsApp veñen de modificar as súas condicións de servizo, creando certo malestar entre os usuarios que ven con certa desconfianza os pasos que podería dar a ferramenta de mensaxería agora que é propiedade de Facebook, pois aínda que polo momento insisten no feito de que non publicarán nin compartirán os números de WhatsApp con terceiros (incluíndo a Facebook), si admiten que realizarán outras actividades con Facebook para facer seguimento das estatísticas sobre o uso dos seus servizos ou combater así mellor o spam en WhatsApp.
Dende WhatsApp consideran que conectar o número de teléfono do usuarios cos sistemas de Facebook poden axudar a ofrecer mellores suxestións de amizades ou para ofrecer anuncios máis relevantes, e precisamente para regular esta posibilidade é polo que están a realizar certas modificacións nas condicións de uso do servizo.
A intención de WhatsApp é compartir certa información con Facebook e as súas empresas, como sería o número de teléfono rexistrado en WhatsApp e a última vez que se empregou o servizo, ou sexa, información que normalmente compartimos cos nosos contactos, mentres que as comunicacións entre usuarios continuarán a ser totalmente privadas, pero o curioso deste importante cambio é que non se aplicará de xeito forzoso, senón que os usuarios teñen a opción de non permitir compartir a súa información privada con Facebook.
WhatsApp compartirá información dos seus usuarios con Facebook (agás que se opoñan)
Compartir Este Artigo

