Xeoinquedos organiza en A Coruña un obradoiro sobre ikiMap

martes, 10 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

O lugar onde terá lugar o obradoiro visto a través de ikiMap</A>

O vindeiro venres ás 16:00 horas terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos de A Coruña un obradoiro organizado por Xeoinquedos sobre a plataforma ikiMap, na que se presentará este servizo de mapas, verase a súa evolución, realizarase unha achega a ikiMap como plataforma para traballar, compartir e colaborar, coñecerase a súa API e daranse a coñecer o concepto de ikiMap Labs para despois repartir keys de desenvolvemento e presentar distintos exemplos de usos de ikiMap para que os presentes rematen sendo capaces de crear as súas propias aplicacións facendo uso da API de ikiMap.