1,5 millóns de euros para mellorar a relación dixital co servizo público de saúde
luns, 2 de xuño do 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego investirá 1,5 millóns de euros nun novo contrato para mellorar a relación dixital entre a cidadanÃa e o sistema público de saúde. A medida, que forma parte do Plan Estratéxico de Información Dixital do Servizo Galego de Saúde, conta co financiamento da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e terá vixencia ata 2027, con posibilidade de prórroga.
O obxectivo desta actuación é reforzar, axilizar e personalizar a comunicación entre os profesionais sanitarios e os usuarios mediante ferramentas dixitais como a aplicación Sergas Móbil, na que xa interactúan máis dun millón de cidadáns ao mes. Rueda destacou que se busca introducir melloras que favorezan unha atención máis proactiva, accesible e centrada no paciente.
As principais actuacións distribuiranse en tres eixes fundamentais. O primeiro será a incorporación de asistentes virtuais intelixentes que, integrados na aplicación móbil, permitirán a interacción por voz ou texto en galego e castelán para resolver dúbidas e guiar o uso dos servizos. O segundo eixo abordará a personalización das comunicacións, mediante mensaxes agrupadas por temática, importancia ou recordatorios push, asà como a posibilidade de establecer mensaxerÃa directa entre profesionais e pacientes, sempre baixo control do facultativo. O terceiro eixo centrará os esforzos na mellora da información e acompañamento, cun sistema que ofrecerá datos actualizados durante os episodios de asistencia hospitalaria, asà como visitas virtuais en streaming para pais de neonatos ingresados nas UCI.
Tamén se impulsarán novos servizos como a sinatura dixital do consentimento informado, o envÃo de materiais audiovisuais sobre preparación cirúrxica, a mellora na xestión de citas hospitalarias ou a solicitude de renovación de medicación crónica. Ademais, prevese habilitar un servizo de información contextualizada e con datos abertos, accesible desde calquera dispositivo ou punto de información nos centros de saúde (PIM).
Desde a Xunta subliñan que esta transformación non só busca unha maior eficiencia nos procesos, senón tamén fomentar a participación informada da cidadanÃa, promover a toma de decisións compartidas e mellorar a capacitación da poboación en materia de saúde.