15 centros educativos participan na cuarta edición de Talentos Inclusivos
mércores, 31 de xaneiro do 2024
O programa Talentos Inclusivos, promovido polo Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) Coruña para facilitar a inclusión das persoas con diversidade funcional, presentou esta mañá na Domus da Coruña a súa cuarta edición, na que celebran o seu espallamento aos centros de secundaria, bacharelato e Formación Profesional de toda Galicia, contando coa participación de 15 centros educativos en total. Asà o destacou o director do CITIC, Manuel González Penedo, quen subliñou que «é un proxecto do que nos sentimos moi orgullosos e que conta xa cunha ampla traxectoria. Estamos moi satisfeitos por poder escalar agora, co apoio fundamental das institucións, a nivel autonómico».
Pola súa banda, Mª Carmen Barreiro Santos, presidenta de ASPACE Coruña resaltou que «para nós Talentos Inclusivos reúne todas as caracterÃsticas dun gran proxecto. É innovador, xera coñecemento compartido, pon a tecnoloxÃa ao servizo das persoas e, sobre todo, é un proxecto que promove valores como o respecto, a igualdade e a inclusión e achega a parálise cerebral á sociedade».
Na mesma liña, a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas do Concello da Coruña, Nereida Canosa, describiu Talentos Inclusivos como «unha iniciativa que achega a ciencia á sociedade, permitindo ensinar e sensibilizar sobre a diversidade funcional. É un programa que une o liderado tecnolóxico e a mirada centrada nas persoas». Unha idea na que tamén incidiu a subdirectora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Inmaculada Fernández, quen sinalou que «temos que educar aos mozos e mozas en que a única forma de exercer a cidadanÃa responsable é coa perspectiva permanente da inclusión. Ese é o obxectivo máis importante do programa Talentos Inclusivos».
Un proxecto único en España que tamén recibiu o recoñecemento da directora da FECYT do Ministerio Ciencia, Innovación y Universidades, Imma Aguilar, quen felicitou o labor dos equipos participantes no proxecto, «xa que co seu esforzo conseguen espertar a curiosidade do alumnado pola ciencia e fomentan unha sociedade diversa, inclusiva e solidaria».
Pola súa banda, a directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta, Begoña Abeijón, coincidiu á hora de destacar o carácter «innovador de Talentos Inclusivos, que vai máis alá dunha iniciativa para espertar as vocacións cientÃficas» e sinalou a este respecto que a «alianza entre a Xunta, a UDC e as entidades é imprescindible para avanzar nunha sociedade máis xusta e inclusiva».
Por parte da Universidade da Coruña, o presidente do Consello Social, Antonio Abril, destacou o feito de que Talentos Inclusivos dá resposta a un dos principais obxectivos da UDC como é o de «velar polas inquedanzas da sociedade» e engadiu que «as tecnoloxÃas teñen que estar ao servizo das persoas e sempre o ser humano debe estar no centro dos proxectos tecnolóxicos».
Na mesma liña, o reitor da UDC, Ricardo Cao, destacou que «máis alá dos números deste proxecto (a cantidade de centros, alumnado e profesorado implicados, participantes ou profesorado) o importante son as persoas» e quixo expresar o agradecemento a ASPACE e os seus usuarios «por permitirnos participar neste proxecto» e tamén aos estudantes «que teñen unha gran oportunidade de aprendizaxe en Talentos Inclusivos», asà como ás administracións implicadas porque a través do proxecto «os avances da UDC benefician ás persoas, que é o realmente importante, a transferencia de coñecemento á sociedade».
Solucións TIC a problemas cotiáns de persoas con parálise cerebral
A través de Talentos Inclusivos o alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional terá que buscar solucións TIC aos retos detectados por ASPACE Coruña, e tamén por Amencer-ASPACE e APAMP, dúas asociacións que se incorporan este ano como colaboradoras. A finalidade é cumprir o dobre obxectivo do programa: espertar vocacións STEM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e Matemáticas) entre os máis novos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos cooperativos de traballo para resolver os desafÃos propostos polas persoas con diversidade funcional.
Entre os retos detectados para este curso destacan o desenvolvemento de soportes de impresión 3D para o guiador da bici, unha cámara de fotos accesible, timbres sen fÃos, pechaduras electrónicas, unha mesa para arteterapia e rehabilitación, adaptadores de mandos para videoconsolas, adaptadores de xogos como o Simón di ou un ventilador holográfico.
Os desafÃos tecnolóxicos tentan dar resposta a diferentes problemáticas cotiás coas que se atopan as persoas con parálise cerebral en diversos ámbitos persoais e profesionais, a través de produtos de apoio e impresión 3D, como o de accesibilidade a dispositivos electrónicos, control de contornas do fogar e outros espazos de convivencia, sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, accesibilidade á educación e ó ámbito laboral ou lecer e ocio.
Na presentación do proxecto, ademais das entidades promotoras, CITIC e ASPACE Coruña e persoal docente dos centros educativos, participaron representantes das institucións que apoian o programa coma o Concello da Coruña, a FECYT do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Universidade da Coruña, o Consello Social da UDC e a Xunta de Galicia.
Para finalizar a xornada, persoas usuarias de ASPACE Coruña, representantes do IES Rego de Trabe e o subdirector do CITIC, Javier Pereira, fixeron balance do traballo realizado anos anteriores e afondaron nas propostas e os retos a afrontar este curso 2023-24.