18 millóns de licenzas de Windows Mobile nos últimos 12 meses
martes, 5 de agosto do 2008
Cando falamos de sistemas operativos móbiles hai que recoñecer que nos últimos tempos o Mac OS X do iPhone e o Symbian dos Nokia son os máis populares, pero Microsoft non está quieta, e o seu Windows Mobile superou xa os 18 millóns de licenzas vendidas nos últimos 12 meses, o que é un volume moi importante (aÃnda que non acadou o obxectivo dos 20 millóns de licenzas que se propuxera a compañÃa) para esta plataforma que conta cuns 18.000 programas de todo tipo que conta co apoio de fabricantes coma HTC, que fan terminais con prestacións cada dÃa máis próximas ás dun ordenador en miniatura.