
Nesta liña, a Fox estreou o seu propio espazo en MySpace (chamado Fox Full Throttle), de xeito que permite ver as últimas tempadas das súas series de éxito (Prison Break, Bones, Standoff, Vanished, Talk Show with Spike Feresten, The Loop e Justice, ás que se irán engadindo outras) de balde, aínda que para comezar cada episodio hai que ver un breve anuncio (no momento de escribir estas liñas é un clip de 10 segundos promocionando o Toyota Yaris). Convértese así dun xeito de achegar ás series de televisión a un público emerxente, que tamén se complementa coas webs das emisoras afiliadas á Fox, polo que cada día fan máis doado ver televisión a través da Internet, que aínda falta que despegue fóra dos EE.UU.

A Fox leva as súas series a MySpace
Compartir Este Artigo
