Entre a e-Administración e o cidadán internauta hai un mundo grande de máis como para imaxinar que calquera das dúas partes vai saber de xeito constante onde ten a man dereita o onde a esquerda.
Segundo fai saber Vnunet, o Goberno está a preparar unha serie de medidas para evitar na medida do posible que a e-Administración perda o rumbo a calquera dos seus niveis e, que se o perde nalgún caso concreto, haxa algún organismo que defenda ó cidadán. Este é o principal cometido do defensor do usuario da e-Administración, unha figura que iría inserida no anteproxecto de Lei de administración electrónica e que velaría pola efectividade dos dereitos recoñecidos na mesma.
Este anteproxecto, que está en fase de redacción, garantiría dereitos como o de solicitar información, levar a cabo pagos a través das novas tecnoloxías ou o emprego da tramitación de documentos a través do DNI electrónico. Tamén recollería, entre outros aspectos, os dereitos dos cidadáns a obter copias electrónicas dos documentos electrónicos do interesado ou á preservación dos procesos electrónicos que integren un expediente. Este borrador foi feito polo Ministerio de Administracións Públicas.
O Goberno proxecta crear ó defensor do usuario da e-Administración
Compartir Este Artigo

