Google presentou durante a Feira do Libro de Frankfurt un novo servizo en liña que permitiría ós usuarios buscar información sobre libros dixitalizados e artigos académicos, así como compartir información a través de blogs, vídeos e grupos, e incluso permite a busca xeográfica de organismos relacionados coa literatura.
Así, co The Literacy Project, o buscador máis popular do mundo permite a profesores, asociacións e todo o que está interesado na literatura, empregar a Internet para buscar e compartir información literaria. Convértese así nunha ferramenta inestimable para conectar ós axentes do mundo literario de todo o mundo.
O novo sistema tamén distingue os contidos protexidos por dereitos de autor (limitando o acceso a información de xeito convinte).
Google lanza un buscador para o sector literario
Compartir Este Artigo

