Carmen Caffarel, director xeral de RTVE, quere que unha reforma legal actúe sobre as radiotelevisións públicas autonómicas como aconteceu sobre o ente que dirixe para garantir o funcionamento “en igualdade de condicións”.
Caffarel sostén que a nova Lei “garante unha radiotelevisión pública independente, con un sistema democrático de elección dos seus órganos reitores, con un órgano asesor, con consellos de redacción, cun sistema de financiamento mixto, con expresa prohibición de endebedamento” e esta renovación debería espallarse a tódalas televisión públicas.
Ademais, tamén incidiu no feito de que a entrada de Cuatro e La Sexta no panorama audiovisual lesionou as audiencias das canles xeneralistas, que agora deberán buscar novos vías de financiamento, de xeito que o sector está a vivir un cambio profundo tanto a nivel normativo como de mercado.
Caffarel pide que as televisións autonómicas sigan os pasos regulatorios de RTVE
Compartir Este Artigo

