A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, anunciou o compromiso de “fomentar o uso das TIC no ensino” e chegar a acadar “un ordenador para cada dous alumnos na presente lexislatura” (para o que se achegarán 13.000 novos ordenadores ós centros educativos), destacando o feito de que a práctica totalidade dos centros públicos galegos conta xa con conexións á Internet.
Sánchez Piñón tamén anticipou que este ano se unirán 29 novos centros ós 60 que participan actualmente no programa Audiovisual nas Aulas, que para este curso tamén suporá a introdución ás TIC nunha actividade na que participarán 11 centros.
Os centros educativos galegos mellorarán a súa dotación informática
Compartir Este Artigo

