Durante moitos anos se vén recomendando o uso de reposapulsos durante o tecleo no ordenador para evitar o temido síndrome do túnel carpiano, pero agora tamén chaman a atención no uso do rato, ata chegar ó punto de que en Dinamarca xa recoñecen á tendinite coma unha enfermidade laboral polo uso do popular periférico.
Deste xeito, as doenzas en tendóns e articulacións producidas polo uso do rato dan ó empregado dereito a indemnizacións, o que se considerou todo un éxito por parte dos sindicatos daneses.
A diferenza cos casos anteriores é que agora, para obter indemnizacións por danos físicos producidos polo uso de equipamento informático non se precisará dunha diagnose e unhas comprobacións altamente especializadas, sendo os empresarios responsables das dores prolongadas que se poidan producir polo uso do rato e o teclado do ordenador.
A tendinite producida polo uso do rato xa é considerada unha enfermidade laboral en Dinamarca
Compartir Este Artigo

