Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A industria da música non ergue cabeza, malia o éxito da dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

A industria da música non ergue cabeza, malia o éxito da dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/10/2006
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Unha parte da industria da música mundial busca alternativas ó seu decrecente negocio en Internet mentres a outra parte fica ancorada no pasado soñando cos tempos en que os pobres incautos (nós os consumidores) pagábamos 20 euros por unha novidade discográfica e non viña ninguén para dicirnos que estabamos a facer o parvo facendo tal desembolso por un obxecto (o soporte) que non chegaba nin antes nin agora ós 20 céntimos.
Sexa como sexa, malia que semella estar a consolidarse certa vía intermedia e moderadamente satisfactoria tanto para a parte da industria da que falabamos ó principio deste texto e os afeccionados á música (na Rede, descargando música legal, estes adquiren produtos máis económicos que en ningún caso chegan ós devanditos 20 euros), o sector segue sen saír realmente adiante. Así o di a que probablemente sexa a entidade máis interesada en relembralo: a Federación Internacional da Industria Fonográfica (IFPI, polas súas siglas en inglés).
Os principais males, di, seguen a ser os mesmos de sempre: a piratería e a competencia polo gasto dos clientes, que desencadearon unha caída do 4% nas vendas de música no primeiro semestre de 2006. E todo iso, malia o éxito da música dixital.
As cifras están así: ó longo do devandito período, as vendas descenderon en 13.700 millóns de dólares, provocado sobre todo pola caída en picado da venda de CDs nos lugares habituais de distribución. No primeiro semestre, as vendas dixitais (as que se fan pola Rede), subiron un 106 por cento ata acadar os 945 millóns de dólares, supoñendo hoxe en día un 11 por cento do total do mercado de música gravada, en comparación coa taxa do 5,5% acadada a finais de 2005.
Sexa como sexa, e volvendo ás vendas de CDs tradicionais, a previsión que no segundo semestre melloren as cifras grazas, entre outras cousas, á campaña do Nadal, que é en definitiva cando menos osíxeno debe chegar ós nosos cerebros, e menos nos importa que nos pidan nas tendas un billete dos azuis (cun 20 ben grande) por unha nova escolma dos grandes éxitos de The Beatles, por exemplo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?