O Internet Explorer 7 semella que xa ten data de saída. Segundo apuntou Microsoft no marco da conferencia Digital Life que se celebra en Nova York, estará dispoñible antes do 27 de outubro. A nova ferramenta de navegación do xigante de Redmond poderase descargar de balde sempre e cando sexamos usuarios de Windows XP.
Segundo sinala Microsoft, o número 7 da saga Internet Explorer inclúe unha serie de interesantes novidades orientadas a satisfacer as demandas de seguridade dos seus clientes. Por exemplo: terá operativo un modo protexido que porá restricións ó acceso de software a información almacenada no noso sistema.
Tamén inclúe xeitos máis sinxelos de limpar o historial, de xeito que o ronsel que deixamos logo de calquera navegación non deixe tantas pegadas indesexadas como ata o de agora. Ademais, o navegador vén cun filtro de phising integrado que iría encamiñado a protexer ós usuarios de acceder a páxinas web empregadas polos responsables destes fraudes en Internet para captar incautos.
O novo navegador de Microsoft estará accesible nunhas dúas semanas
Compartir Este Artigo

