Cando na película Jay y Bob el Silencioso Contraatacan, os protagonistas se fan cunha morea de cartos e deciden gastalos en viaxes por todo EE.UU. agredindo á xente que os insultara nun foro da Internet, a escena pretendía ser graciosa ante o ridículo que resulta tal reacción, pero cando un acto similar acontece na vida real resulta desconcertante e, sen dúbida, falto de humor. Temos así que o londiniense Paul Gibbons (de 47 anos) intercambiou insultos con John Jones nun chat, o que o levou a viaxar uns 112 quilómetros ata a residencia de Jones en Clacton (Essex) e a golpealo co mango dun pico en decembro de 2005, feito polo que se lle atopou culpable no que a Policía británica supón que é o primeiro caso de ciberagresión.
Os dous implicados participaban nun chat sobre intereses musulmáns, e intercambiaran no mesmo insultos e ameazas, pero Gibbons aproveitou a información que Jones publicara na Rede para localizalo e agredilo.
O incidente acontecido no domicilio de Jones parece sacado dunha mala película, pois chegaron á súa porta Gibbons e outra persoa (cun machete) ante o que Jones saíu á porta armado cun coitelo, ante o que foi desarmado polos agresores, golpeado co mango dun pico e cortado co seu propio coitelo, mentres a súa muller pedía axuda.
Este tipo de agresións fai tomar consciencia sobre os problemas de non protexer as identidades persoais na Rede, pois o agredido no caso daba suficiente información para a súa localización e mesmo publicaba fotografías cos seus 3 fillos, que poderían chegar a estar en perigo ante este tipo de ataques violentos.
Condenan a un británico por ciberagresión
Compartir Este Artigo
