O Porriño acollerá entre o 30 de novembro e o 3 de decembro a primeira edición das Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento Libres, promovidas e organizadas por AGNIX (Asociación de Usuarios GNIX).
Estes encontros, que segundo apunta este colectivo galego contan co total apoio e implicación do Concello do Porriño, incluirán seis mesas temáticas e unha serie de obradoiros técnicos, nos que participarán personaxes senlleiros no eido do coñecemento libre procedentes da vasta área xeográfica da lusofonía, como por exemplo Sulamita García, da comunidade para mulleres que gostan de Linux en Brasil; Claudio F. Fihlo, da secretaría de Facenda do Estado de Matto Grosso (coordinador de OpenOffice Brasil e colaborador de proxectos como Mozilla Brasil, entre outros moitos) ou Sandro Araujo, xerente de informática da Axencia Nacional de Aguas de Brasil e membro do Comité de Software Libre do Goberno Federal.
As xornadas contarán co apoio de GALPon, Mancomun.org, Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e do Xacobeo.
O Porriño acollerá a primeira edición das Xornadas Galego-Lusófonas de Sotware Libre
Compartir Este Artigo

