Google está ampliado o seu servizo de alertas que ata o momento avisaba da aparición de palabras chave en novas indexadas por Google News, pero que neste momento xa se está a aplicar a blogs (aínda que só na versión en inglés de Google Alerts). Así, os usuarios que queiran saber o que se coce na blogosfera o terán máis doado mediante o servizo de alertas de Google, que tamén se pode empregar para os grupos de novas (newsgroups) polo que cada día inclúe máis información.
Este tipo de melloras nos servizos están a resultar sumamente interesantes, no que parece unha aposta para achegarse ós usuarios, non precisando que eles recorran ó buscador por información, senón que é o propio buscador o que as remite por correo electrónico.
O servizo de alertas de Google espállase ós blogs
Compartir Este Artigo

