A Internet está a xogar un factor chave na campaña norteamericana actual, de xeito que, mentres moitos apuntan a que coma fonte de información principal nos blogs non teñen nada que facer actualmente, no tocante á política a cousa cambia bastante, xa que moitos cidadáns quere obter información menos manipulable que a que aparece nos medios tradicionais.
Este novo fenómeno estase a notar especialmente pola aparición de vídeos dos políticos en situacións embarazosas (como parece que tamén está a pasar en España coas eleccións catalás, aínda que neste caso se trata normalmente de producións case cinematográficas ou de vídeos con referencias gastronómicas), ó igual que no pasado se empregou a Rede para destapar outros escándalos. Agora quedará ver se a repercusión que está a acadar a Rede ten un efecto real nos resultados dos comicios.
A Internet xoga un importante papel nas eleccións norteamericanas
Compartir Este Artigo

