Unha nova información sobre a consola PlayStation 3vén a colocarse entre a colección de malas novas de Sony, non sendo un novo retraso no seu lanzamento, senón o feito de que se publicou o seu consumo eléctrico, que chegaría ós 380 W, o que multiplica en varias cifras ó do resto de consolas de videoxogos do mercado e supera á meirande parte de ordenadores, polo que pode supor todo un atranco na súa comercialización ou, cando menos, creará moitas críticas entre os defensores de electrodomésticos de baixo consumo.
Así, se comparamos os 380 W da PS3 cos 160 W da Xbox 360 non entendemos como Sony pode xustificar un consumo eléctrico que dobre ó do seu directo competidor, aínda que resultan moito máis ilustrativos os 45 W de consumo que tiña a PS2 (ou sexa que unha PS3 consume máis que 8 PS2). Así, a consola de Sony non se notará no peto só no momento de mercala, senón tamén ó pagar a factura eléctrica.
A PS3 terá un consumo eléctrico maior que o de 8 PS2
Compartir Este Artigo

