
María Yáñez é unha figura importante na Internet galega, que xa dirixira a iniciativa Bravú.net, promoveu a primeira editorial virtual galega (Edicións da Rotonda), promoveu a creación do blogomillo dende o desaparecido blogue Todo nada e dende xaneiro de 2006 ocupaba a dirección de Vieiros durante o 10 aniversario da publicación que xa contara con Rocío Castro e Anxo Quintela en tal cargo.
Agora será Ramón Vilar Landeira, xornalista con experiencia en La Voz de Galicia e o Faro de Vigo e que tamén acadou un certo éxito coma escritor (como indica o Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà ou o Premio Valle-Inclán de Relato Curto), quen terá que tomar as rendas dunha publicación virtual que destaca pola súa longa vida na Internet galega.
Dende estas liñas queremos desexar boa sorte a Vieiros nesta nova andaina e a María Yáñez nos seus novos proxectos profesionais.
María Yáñez deixa a dirección de Vieiros
Compartir Este Artigo
