O cuarto operador de telefonía móbil de España, Yoigo, entrará no mercado español en decembro, suplindo a súa falta dunha rede de distribución cun acordo coa cadea de tendas de The Phone House, que comercializará en exclusiva os servizos e produtos da nova operadora móbil durante os seus 3 primeiros meses de vida.
Así, as 400 tendas de The Phone House servirán para achegar Yoigo ós consumidores a tempo para a campaña de Nadal, na que moitos usuarios renovan os seus terminais, polo que é un momento excelente para que as operadoras poidan captar novos clientes.
The Phone House será distribuidor exclusivo de Yoigo durante os 3 primeiros meses de vida da nova operadora
Compartir Este Artigo

