Os requisitos de funcionamento das aplicacións informáticas e sistemas operativos, de xeito que as capacidades mínimas esixidas normalmente non chegan para un uso aceptable dos mesmos, de aí que existan unhas especificacións aconselladas, que no caso do novo sistema operativo de Microsoft, o Windows Vista, serían de 1 Gb de memoria RAM (entre outras cousas) pero agora o fabricante Dell Computer, que vén analizando nos últimos meses as prestacións dos seus equipos coas versións de proba de Windows Vista para poder indicar se funcionarán no noso S.O., asegura que a memoria precisa para os equipos podería ser o dobre da indicada, polo que recomenda que os usuarios que queiran actualizar no futuro a Vista se fagan con ordenadores con 2 Gb de RAM (algo pouco habitual na actualidade).
A configuración máis normal nos ordenadores é de 1 Gb de RAM, que como no caso dos portátiles en moitas ocasións teñen que compartir a memoria coa tarxeta gráfica, podería reducirse a uns 750 Mb de RAM, o que sería demasiado axustado para o funcionamento de Windows Vista e en ningún caso chegaría para o uso do novo sistema gráfico Aero (con prestacións tridimensionais e transparencias que tamén precisarían dunha tarxeta gráfica moi avanzada).
Parece pois, que os usuarios que non conten con equipos fortemente equipados deberán continuar a empregar o seu Windows XP actual, e de pasar a Vista terían que prescindir das súas principais características gráficas, quedando simplemente no que podería ser unha mera actualización de XP.
Dell recomenda 2 Gb de RAM para os equipos que vaian a empregar Windows Vista
Compartir Este Artigo
