Yahoo! entra no mundo da cociña cun novo portal, Yahoo! Food, que achegará ós usuarios milleiros de receitas, consellos de cociñeiros con sona, guías de cociña en vídeo e ferramentas que axuden neste eido.
O novo sistema está orientado polo momento ó mercado estadounidense, agardando espallarse a outros mercados de fala inglesa.
Yahoo! Food é toda unha innovación para a empresa californiana, que crea así un portal que tanto permite ó acceso a receitas de cociña como axuda á formación dunha rede social de xente ó redor dos seus intereses culinarios.
Ademais, o portal emprega interesantes reclamos (actores coma Morgan Freeman) para achegar ós usuarios a visitar este espazo sobre o mundo da comida, que tamén se pode consolidar coma un interesante soporte publicitario, xa que o sector parece pouco explotado na Rede.
Yahoo! estrea un portal culinario
Compartir Este Artigo
