Microsoft anunciou que xa remataron a elaboración do seu novo paquete ofimático, de xeito que parece que cumprirán coas datas de lanzamento estimadas, agardándose que a partires do 30 de novembro se poderá achegar o Office 2007 ós clientes corporativos, como tamén acontece co Exchange 2007 e o Windows Vista.
A compañía de Redmond tamén anunciou que a primeiros de 2007 comezarán a vender os novos produtos ó público en xeral, e con este último anuncio remátase todo un proceso de produción que se traducirá na meirande renovación de Microsoft dos últimos 5 anos.
Remataron o desenvolvemento do Microsoft Office 2007
Compartir Este Artigo

