A publicidade nos móbiles aínda é un sector experimental, e o último en subirse ó carro é Yahoo!, que comezará a lanzar anuncios gráficos en teléfonos a xeito de proba, para coñecer mellor o funcionamento das promocións nesta nova canle publicitaria.
A experiencia piloto terá lugar nos EE.UU. no servizo de Mobile Web da compañía e será paralela a outra iniciativa semellante (baseada en anuncios de texto), de xeito que analizarán os xeitos máis efectivos de anunciarse nos dispositivos móbiles.
A publicidade dende o móbil resulta moi atractiva para os anunciantes, xa que capta mellor a atención do usuario e incluso se pode incitalo a chamar directamente para informarse dun produto ou servizo.
Yahoo! probará a publicidade gráfica en móbiles
Compartir Este Artigo

