Alfons Cornellá, considerado a nivel español unha das persoas máis influíntes no que se refire á teoría e a práctica do espallamento dos servizos de Internet no eido empresarial, estará de novo en Galiza para falar da seguinte cuestión: Cara a onde vai a Sociedade da Información.
Este vai ser –de feito– o tema da primeira Xornada de Alta Dirección Empresarial (JADE) que organiza a Asociación de Jovénes Empresarios de Vigo (AJE Vigo) o 17 de novembro. A cita terá lugar no Centro Social Caixanova, e continuará o ronsel do I Congreso Joven Empresario, co que o devandito colectivo tenta achegar ás empresas galegas a relatores de recoñecido prestixio co fin de tratar diversos temas de interese, neste caso a innovación.
Cómpre sinalar que esta xornada en concreto e os cursos de formación que se desenvolven ó longo do mes de novembro son de balde e fican abertos á participación de emprendedores e empresarios.
Alfons Cornellá acode o 17 de novembro a Vigo a un encontro organizado pola AJE
Compartir Este Artigo

