A CiberIrmande da Fala vén de pór á web de RENFE no seu punto de mira. O motivo? Ofrecer seus servizos en castelán e só unha pequena parte deles en galego, deixando así de lado unha das linguas cooficiais do Estado: a galega. Máis polo miúdo, o que solicita estes días a Ciberirmandade (pedindo ademais a colaboración dos internautas galegos para o envío de cartas de protesta) é que se corrixan deficiencias lingüísticas detetadas nos servizos web da compañía ferroviaria e que ADIF (Administrador de Infraestruturas) incorpore a nosa lingua na súa páxina en Internet e na megafonía. O caso (lembra a CiberIrmandade) é que a web de RENFE figura parcialmente en galego, pois os contidos de documentación da empresa, organigrama, memoria ou historia só poden ser lidos en español. Por outra banda, RENFE tamén incorre en incluír unha serie de topónimos deturpados, algún dos cales (como é habitual nestes casos) pode chegar a ferir máis de unha sensibilidade: “Orense”, “Arosa”, “Órdenes”, “Ujes” ou “Viana del Bollo”. Pola súa parte, ADIF na súa páxina non ofrece ningún contido en galego.
A CiberIrmandade pídelle a RENFE que ofreza máis contidos en galego e corrixa os topónimos deturpados
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Altia contribúe á restauración dos fondos mariños de Sálvora
4 Min de Lectura
Amazon redeseña por completo a gama Kindle
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Preto do 70% das empresas tecnolóxicas galegas emprega a intelixencia artificial ou incorpóraa aos seus produtos e servizos
- A Xunta e as empresas do Novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en Tecnoloxía
- Os centros educativos galegos poden inscribirse ata o 5 de outubro na VI edición de ‘Ciberseguridade no Cole!’
- A Xunta destaca o modelo de goberno da IA en Galicia, que garante a reserva de humanidade, a transparencia e o control dos sistemas que emprega a Administración
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
