O vindeiro 28 de novembro sairán ó mercado español as primeiras películas en formato de alta definición en tecnoloxía Blu-ray, unha nova feitura de DVD desenvolvida por Sony e que, entre outras cousas, ofrece contidos interactivos, permite procurar información sobre os produtos que saen na película ou mesmo mercar en Internet.
O Responsable de Sony Pictures Home Entertaiment en España e Portugal, James Armstrong, vén de anunciar a nova e afirma que é unha gran aposta para a compañía, que competirá no mercado co DVD de alta definición de Toshiba HK-DVD. As primeiras películas que sairán ó mercado neste formato son Hitch Especialista en ligues; Vaya vacaciones, Ultravioleta; La amenaza Invisible Stelath e Inmersión Letal, cun prezo que oscilará entre os 24,99 e os 29,99 euros.
Sony lanza ó mercado as primeiras películas en formato Blu-ray
Compartir Este Artigo

