Con motivo da celebración do Día Internacional da Infancia (o vindeiro 20 de novembro) estase a rexistrar un incremento da actividade nas webs de organizacións, comunidades ou mesmo empresas que comercializan produtos de seguridade en liña para os nenos. É nesta liña onde se sitúa a firma española Optenet, que porá no seu espazo en rede e de balde a última versión de Web Filter 9.5, unha ferramenta que permite boquear todo tipo de programas e servizos (redes P2P, mensaxeiría instantánea ou chats) ou contidos potencialmente “perigosos” para os nenos.
O programa, espacialmente orientado para pais e mestres, poderá descargarse na web de Optenet e ficará activo nos computadores durante un período dun ano. Segundo sinala a empresa nun comunicado, preto de 5,6 millóns de fogares españois contan con conexión á Rede e o 75% dos menores de 9 a 11 a once anos adoitan a empregala a cotío no fogar, descargando películas, música, xogos ou chateando. Ademais, segundo a organización non gobernamental Protégeles, o 16% dos nenos que navega pola Web xa concertou algún tipo de encontro cun descoñecido.
Filtros web de balde con motivo do Día Internacional da Infancia
Compartir Este Artigo

