Somos donos do idioma que falamos? Esta pregunta formulada dun xeito non retórico, atópase viva en Chile debido ó tirapuxa que mantén unha tribo indíxena da etnia mapuche co xigante do software Microsoft e que pode acabar coa multinacional nos xulgados chilenos.
A decisión da compañía tecnolóxica de lanzar (o pasado mes de outubro) o seu paquete de software Windows en mapuzugún, malia contar co apoio do Ministerio de Cultura de Chile, non tivo boa acollida entre os líderes dos mapuches chilenos que falan a lingua, uns 400.000, e acusan á firma estadounidense de violar a súa herdanza cultural e colectiva ó non contar co seu permiso para facer a tradución.
Pola súa banda, Microsoft afirma que a súa pretensión era axudar ós mapuches a apertar a era dixital e amosarlle ó resto do mundo a riqueza cultural deste pobo orixinario a través da Rede, tal como fixera anteriormente con outras ducias de linguas indíxenas americanas, incluíndo o mohawk, o quechua e o inuktitut. Desta volta, o xigante americano non tivo tanta sorte e a oposición é máis que verbal, pois seguindo a súa tradición de grandes loitadores, esta tribo de indíxenas chilenos levará o caso ante os tribunais de Santiago de Chile, onde Microsoft deberá render contas coa xustiza.
Microsoft mantén tirapuxas idiomáticos con indíxenas mapuches de Chile
Compartir Este Artigo
